top of page

CS Organización e control de obras de construción.

¿Gustaríache organizar, a pé de obra, traballos de execución de edificación e obra civil, xestionando recursos, coordinando tallos e controlando unidades de obra, realizadas de acordo coas especificacións do proxecto, a planificación da obra, as instrucións recibidas, a normativa aplicable as condicións establecidas en materia de calidade, seguridade, saúde laboral e medio ambiente?.

Plan de formación

​​

1º curso:

  • Estruturas de construción.

  • Implantacions de construción.

  • Documentación de proxectos e  obras de construción.

  • Procesos construtivos en edificación.

  • Procesos construtivos en obra civil.

  • Control de estruturas de construción.

  • Formación e orientación laboral.

2º curso:

  • Medicións e valoracións de construción.

  • Planificación de construción.

  • Control de execución en obras de edificación.

  • Control de execución en obra civil.

  • Rehabilitación e conservación de obras de construción.

  • Empresa e iniciativa emprendedora.

  • Proxecto de organización e control de obras de construción.

  • Formación en centros de traballo.

Saídas profesionais

Competencias para traballar como:​​

  • Encargado de obra:

de edificación en xeneral.

de rehabilitación e reforma.

  • Xefe de taller e/ou encargado de traballadores de acabado de edificios.

  • Capataz en construción de edificios.

  • Encargado:

de obra civil en xeral.

de movemento de terras.

de firmes e pavimentos.

de conducións e canalizacións.

  • Axudante:

de Xefe de Oficina Técnica.

de Planificador.

de técnico de control de custos.

  • Especialista en implantacions.

Máis información

Saidas académicas

​​

Poderás acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensino universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.

Máis información

 

Titulo que se obtén:

 

Técnico Superior en proxectos de edificación.

 

Validacions e creditos universitarios.

 Ver CREDITOS

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

bottom of page